Residencia en Microbios

microbioslogo

A artísta plástica María X. Fernández restaurou esta casa de bonecas para que servira de espazo expositivo da nosa cooperativa 7h como é o caso do proxecto murciano da Fundación Newcastle de Javier Castro.

microbiosmarzo

Cada mes un-ha artista socix da cooperativa encárgase de intervir a casa como se dunha galeria e mesmo dunha residencia artística se tratara, a pesar do seu pequeno tamaño.  Este mes de marzo residirá comigo e a verdade é que teño moitas ganas de poñerme traballar nela e ver que tipo de sinerxias surxen do marco da nosa convivencia!

#nervos

#letswork

#enchélotododefío

microbiosinterior

 

 

 

Patrón Peliqueiro

Tiña ganas de facer algo da época de entroido, para este fin o domingo realicei un brainstorming do que salíu este fermoso peliqueiro e o seu patrón ( dispoñible en inglés, castelán e galego). Ó mellor é que esta versión amigureira e que  conta tamén coas chocas no cú típicas dos de verdade cos que clinclear a gusto 😉

Tenía ganas de hacer algo típico del entroido ( carnaval aquí en galicia), para eso este domingo realicé un brainstorming del que salió este hermoso peliqueiro y su patrón ( disponible en inglés, castellano y galego). Lo mejor de esta versión amigurosa es que cuenta también con las chocas ( campanas) en el culo como los de verdad para clinclear a gusto.

I wanted to do something typical of the entroido ( carnival in galicia) so this Sunday I did a brainstorming that came out this beautiful Peliqueiro and his pattern (available in English, Spanish and Galician). The best thing about this amigurose version is that it also has the chocas (bells) in the ass like the real ones to don´t stop to make cling, cling .

peliqueiro

O peliqueiro é unha figura inconfundible do entroido en Galicia. É típico da zona de Laza en Ourense. Reciben o nome da pelica ( pel de animal que levan na parte traseira da pantalla). Durante o entroido percorren as rúas de Laza facendo soar as chocas (campás ) que levan enganchadas na parte de atrás. Na man levan unha zamarra, como unha fusta para golpear á xente que lle corta o paso.

El peliqueiro es una figura inconfundible del entroido ( carnaval) en Galicia. Es típico de la zona de Laza en Ourense. Reciben este nombre de la pelica, piel de animal que llevan en la parte de atrás de la pantalla. Durante el entroido recorren las calles de Laza haciendo sonar las chocas( campanas) que llevan enganchadas en la parte de tras. En la mano llevan una zamarra como una fusta para golpear a la gente que le impide el paso.

The peliqueiro is an unmistakable figure of the entroido (carnival) in Galicia. It´s typical of the area of Laza in Ourense. They receive this name from the pelica, the animal skin fur that they carry in the back of the pantalla. During the entroido they cross the streets of Laza making sound the chocas (bells) that are hooked in the part of behind. In the hand they carry a zamarra like a whip to hit the people who cut them off.

Podedes atopar o patrón para descargalo directamente pinchando aquí.

Podéis encontrar el patrón para descargarlo directamente pinchando aquí.

You can find the pattern to download directly by clicking here.

peliqueirodorso
clin, clin, clin, clin!

Patrón contrarreloxo

Entre achaques pre-monstruais, gripe e moas nesta semana quedei sen folgos para facer un pequeno patrón polo Entroido como pretendía…Así que hoxe decidín dedicar a este propósito 6 horas pola tarde( nin unha máis, nin unha menos). De non telo feito neste tempo, deixareino seguramente para o ano que ven…Esta resolución ven porque, non sei se lle pasa a máis xente do slow-craft, pero a maioria das veces sobrepaso con creces o tempo que lle acabo dedicando ós proxectos co que acabo tendo unha desfase nos proxectos que quero sacar considerable… E para este patrón contrarreloxo vou aproveitar os meus mini novelos Amigurumi de Katia, malo será que con tanta cor non haxa algo de inspiración. Desexádeme algo de sorte e bastante axilidade no proceso creativo!

katiaamigurumi2

Tic-tac, tic-tac pra mín e boa finde para vós, actantes!

Punto Coiro

Este punto se me ocorreu querendo dárlle textura ó corpo da cámara de fotos. Quería imitar esa irregularidade das cámaras antigas co corpo que imitaba coiro, de aí o nome…

Este punto se me ocurrió queriendo darle textura al cuerpo de la cámara de fotos. Quería imitar esa irregularida de las cámaras antiguas donde el cuerpo imitaba el cuero, de ahí el  nombre que he decidido ponerle…

puntocoiro

Para facer este punto teremos que traballar sempre cun número par de puntos e que ademáis estes non sexan múltiplos de 4 ( é dicir, 6,10,14,18,22,26,30,34,38…)

Para hacer este punto tendremos que trabajar siempre con un número par de puntos y además estos no pueden ser múltiplos de 4 ( es decir, 6.10,14,18,22,26,38…)

Comezamos traballando sobre unha cadeneta e facendo unha primeira volta en puntos baixos ( sempre traballaremos en espiral para este punto).

Comenzamos trabajando sobre una cadeneta y haciendo una primera vuelta en puntos bajos ( siempre trabajaremos en espiral para este punto).

puntocoiro2

Na segunda volta faremos 2 puntos baixos normais e 2 puntos borde e iremos alternando así como tantos puntos teña a volta.

En la segunda vuelta haremos 2 puntos bajos normales y 2 puntos borde e iremos alternando así como tantos puntos tenga la vuelta.

puntocoiro4

Repetir igual en tódalas voltas ata ter  a altura desexada.

Repetir igual en todas las vueltas hasta tener la altura deseada.