Padrón cámara vintage – analóxica

 

 

Este posiblemente foi o padrón que máis tempo me levou nunca,  en total consta dunhas 19 pezas e conta con case tódalas partes que poderiamos atopar nunha cámara analóxica de verdade: roda de rebobinado, liberación do obxetivo, flash automático…, ata enganches nos lados ten! Tan real que só lle falta sacar fotos haha

Este posiblemente ha sido el patrón que más tiempo me ha llevado, en total consta de 19 piezas y cuenta con casi todas las partes que encontraríamos en una cámara analógica de verdad: rueda de rebobinado, liberación del objetivo, flash automático…, hasta tiene enganches en los lados! Tan real que sólo le falta sacar fotos jaja

Penso que é un bo patrón para todxs aquelxs que desfrutedes tanto da fotografía como do mundo do amigurumi. Ademáis das explicacións do pdf tedes tamén tódolos puntos explicados no propio blog, así que non hai excusa para poñerse xa con el.

Creo que es un patrón ideal para todxs aquellxs que disfrutéis tanto de la fotografía como del mundo del amigurumi. Además de las explicaciones del pdf tamén tenéis todos los puntos explicados en el propio blog, así que no hai excusa para ponerse ya con él.

Dispoñible en inglés, castelán e galego. O padrón podedes atopalo na miña páxina etsy.

Disponible en inglés, castellano y gallego. El patrón podéis encontrarlo en mi página de etsy.

posibleportada

Microbios finita

 

Tiña moitas ganas de poñerme con este proxecto e aínda que ó final levóume unha chea de tempo, o mes de abril e un anaquiño de maio,  estou moi contenta co resultado, aínda que iso si case non quedou tempo para tela exposta (xs que queirades podedes visitala este luns correndo no centro de emprendemento do gaiás)

Está realizado exclusivamente en técnica de gancho ou croché. Unha única composición divida polos andares da casa, xerando así unha sensación de continuidade estancada.

As casas de bonecas sempre tiveron para min unha natureza dicotómica; por un lado, materializan todo o traballo e beleza do mundo da miniatura e, por outro, consitúen unha exposición do privado –do lar feito público de maneira visceral– que racha coa intimidade. Alén diso, as casas de bonecas están ligadas no pensamento co ideario feminino. Textos como o de Ibsen describiron o delicado xogo que acontece no diario das mulleres como personaxes dun rol fixo e cativo dentro do fogar.

 

microbiosinteriorfinita

A peza divídese en tres partes. A cadeira (coas patas das matrioscas) simboliza a enganosa zona de confort, aquilo que resulta cómodo, mais que nos ata e acaba por nos paralizar.

A bola de rosas representa ás mulleres, cosificadas no privado e no público, esféricas, delicadas e fermosas como unha bola de rosas. A bola levita por riba da cadeira e lle dá unha relativa sensación de liberdade.

coamasanasmans
Da bóla surxe, como un fungo atómico, a explosión, o derrubamento do feminino [do que é, do que debe ser e do que acaba sendo]. Porén, son escapes, estoupidos de ansiedade que surxen desa confrontación e que aprendemos a controlar por supervivencia, que aprendemos a ocultar e a graduar e que polo tanto continúan a acontecer exclusivamente no privado.

interiorconmovidasoutside

exterioriluminado

gifporta

I Convocatoria de arte postal por Plano Pementa part. 2

A segunda parte da convocatoria de arte postal de Plano Pementa consistíu en respostar unha postal realizada por outrx dxs participantes… Unha postal fermosísima pintada en papel cebola  e con temática do mar. Así que xogando co salgado & o transparente ideei esta postal bordada a man que ademáis foi enviada nun sobre transparente xunto con area da praia.

” estar/ onde deberiamos”

composiciónmaretexto

 

Se andades pola Coruña podedes ver a exposición con tódalas pezas no local de Plano Pementa os Luns, Martes, Xoves e Venres de 10:30 a 13:30!

Patrón diadema de coella!

Novo patrón para a pascua!
Realiza ti mesmx esta diadema feminista de coella para levar na pascua ou todo o ano!
Monerridade plus asegurada!
Nuevo patrón para pascua!
Realiza tu mismx esta diadema feminista de coneja para lucir en pascua o todo el año!
Monerridad plus asegurada!
New pattern for eastern!
Knit your own feminist – bunny headband for wearing in eastern or all year round!
Really cute and handsome!
 ❤🐰!

coellogif

acoellada