Microbios finita

 

Tiña moitas ganas de poñerme con este proxecto e aínda que ó final levóume unha chea de tempo, o mes de abril e un anaquiño de maio,  estou moi contenta co resultado, aínda que iso si case non quedou tempo para tela exposta (xs que queirades podedes visitala este luns correndo no centro de emprendemento do gaiás)

Está realizado exclusivamente en técnica de gancho ou croché. Unha única composición divida polos andares da casa, xerando así unha sensación de continuidade estancada.

As casas de bonecas sempre tiveron para min unha natureza dicotómica; por un lado, materializan todo o traballo e beleza do mundo da miniatura e, por outro, consitúen unha exposición do privado –do lar feito público de maneira visceral– que racha coa intimidade. Alén diso, as casas de bonecas están ligadas no pensamento co ideario feminino. Textos como o de Ibsen describiron o delicado xogo que acontece no diario das mulleres como personaxes dun rol fixo e cativo dentro do fogar.

 

microbiosinteriorfinita

A peza divídese en tres partes. A cadeira (coas patas das matrioscas) simboliza a enganosa zona de confort, aquilo que resulta cómodo, mais que nos ata e acaba por nos paralizar.

A bola de rosas representa ás mulleres, cosificadas no privado e no público, esféricas, delicadas e fermosas como unha bola de rosas. A bola levita por riba da cadeira e lle dá unha relativa sensación de liberdade.

coamasanasmans
Da bóla surxe, como un fungo atómico, a explosión, o derrubamento do feminino [do que é, do que debe ser e do que acaba sendo]. Porén, son escapes, estoupidos de ansiedade que surxen desa confrontación e que aprendemos a controlar por supervivencia, que aprendemos a ocultar e a graduar e que polo tanto continúan a acontecer exclusivamente no privado.

interiorconmovidasoutside

exterioriluminado

gifporta

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s